Xi Chuan


Colaboradores dos proxectos da Wikimedia

Article Images
Liña 25: Liña 25:

== Notas ==

== Notas ==

{{Listaref}}{{Control de autoridades}}

{{Listaref}}


== Véxase tamén ==


=== Ligazóns externas ===


* [https://dtieao.uab.cat/txicc/lite/autores/Xi-Chuan/ 西川] (La literatura china traducida en España)

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Nados en 1963]]

[[Categoría:Nados en 1963]]

[[Categoría:Escritores en lingua chinesa]]

[[Categoría:Escritores en lingua chinesa]]

Xi Chuan (chinés simplificado: 西川; pinyin: Xī Chuān), pseudónimo de Liu Jun (chinés simplificado: 刘军; pinyin: Liú Jūn), nado en Xuzhou no 1963, é un poeta, ensaísta e tradutor chinés.[1][2] É considerado un dos autores máis influentes da poesía chinesa contemporánea.[2][3] Ademais de poesía, publicou dous volumes de ensaios, un libro de crítica literaria, unha obra de teatro e traducións de escritores como Pound, Borges ou Miłosz.[4]

Traxectoria

Xi Chuan naceu en Xuzhou, na provincia de Jiangsu, mais medrou en Beijing.[5] Alí, estudou nunha escola de linguas estranxeiras para diplomáticos.[5] Despois, matriculouse na Universidade de Beijing, onde se graduou en Lingua Inglesa.[5] A súa tese de fin de carreira versou sobre as traducións da poesía chinesa realizadas por Ezra Pound.[5] Foi nesta época que adoptou o seu pseudónimo, Xi Chuan (literalmente, "río do oeste").[5] Traballou como editor das revistas Huangqiu ("O globo") e Qingxiang ("Tendencia"), da que foi fundador.[6][7] Este último foi un magazine literario independente que se publicou entre o 1988 e o 1992, cando foi clausurado polas autoridades, tras só tres números.[7] Entre o 1990 e o 1995, foi un dos editores da revista Modern Han Poetry ("Poesía han moderna").[7] Tamén actuou na película Zhantai 站台 ("Plataforma", 2000), de Jia Zhangke.[6]

Xi Chuan gañou fama durante o período de liberalización económica de finais dos oitenta, co movemento dos Poetas da Brétema.[3] No 1989, faleceron dous dos seus amigos máis próximos, tamén poetas e estudantes da Universidade de Beijing.[6] Hai Zi suicidouse o 26 de marzo, aos vinte e cinco anos de idade; Luo Yihe morreu dunha hemorraxia cerebral o 31 de maio, aos vinte e oito.[6] Esta perda, xunto co fracaso das protestas da praza Tian'anmen, levouno a deixar de escribir durante dous anos.[3][5] O parón converteu o seu verso, condensado e lírico, no que se mesturaban influencias do modernismo occidental coa tradición clásica chinesa, nunha sorte de prosa meditabunda, moi afastada do seu anterior esteticismo e musicalidade.[3]

Na actualidade, Xi Chuan é profesor de literatura chinesa clásica e contemporánea na Academia Central de Belas Artes de Beijing.[1][2] Xa tiña ensinado literatura occidental e inglés.[5] Foi profesor invitado en universidades estranxeiras, como a Universidade de Nova York ou a Universidade de Victoria.[4] Gañou premios en varios países, incluido un galardón da UNESCO.[6]

Premios

Obra

  • Zhongguo de meigui 中国的玫瑰 ("Rosas chinesas", 1991).
  • Xugou de jiapu 虚构的家谱 ("Xenealoxía ficticia", 1997).
  • Yinmi de huihe 隐秘的汇合 ("Converxencia secreta", 1997).
  • Dayi ruci 大意如此 ("Máis ou menos", 1997).
  • Xi Chuan de shi 西川的诗 ("A poesía de Xi Chuan", 1999).
  • Shenqian 深浅 ("O fondo e o superficial", 2006).
  • Geren haowu 个人好恶 ("Preferencias persoais", 2008).

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Xi Chuan". www.ndbooks.com (en inglés). Consultado o 2023-12-28.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Poets, Academy of American. "Xi Chuan". Poets.org (en inglés). Consultado o 2023-12-28.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Notes on the Mosquito". www.ndbooks.com (en inglés). Consultado o 2023-12-28.
  4. 4,0 4,1 "In the Shadow of Oxymoron - The International Writing Program". iwp.uiowa.edu. Consultado o 2023-12-28.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Lucas Klein on Xi Chuan and translating “Written at Thirty”". Poetry Society of America (en inglés). Consultado o 2023-12-28.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Notes on the mosquito : selected poems". search.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2023-12-28.
  7. 7,0 7,1 7,2 "Xi Chuan". web.archive.org. 2010-01-15. Consultado o 2023-12-28.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • 西川 (La literatura china traducida en España)