Boris Pasternak


Colaboradores dos proxectos da Wikimedia

Article Images
Liña 11: Liña 11:

}}

}}



'''Borís Leonídovich Pasternak''', nado en [[Moscova]] o [[10 de febreiro]] de [[1890]] e finado o [[30 de maio]] de [[1960]], foi un poeta e novelista [[Rusia|ruso]].

'''Borís Leonídovich Pasternak''', nado en [[Moscova]] o [[10 de febreiro]] de [[1890]] e finado o [[30 de maio]] de [[1960]], foi un poeta e novelista [[Rusia|ruso]]. A súa novela ''[[Doutor Zhivago (novela)|Doutor Zhivago]]'' (1957) foi traducida ao [[Lingua galega|galego]] pola [[Editorial Galaxia]].<ref>{{Cita web|título="Doutor Zhivago" xa está dispoñible en galego|url=https://editorialgalaxia.gal/doutor-zhivago-xa-esta-disponible-en-galego/|páxina-web=Editorial Galaxia|data=2024-02-06|data-acceso=2024-02-10|lingua=gl-ES|apelidos=Sara}}</ref>



== Traxectoria ==

== Traxectoria ==

Liña 41: Liña 41:

A investigación de Tolstoi tamén afirma que a razón que tivo a CIA foi avergoñar ao [[Kremlin]], quen prohibira a publicación do texto.

A investigación de Tolstoi tamén afirma que a razón que tivo a CIA foi avergoñar ao [[Kremlin]], quen prohibira a publicación do texto.


== Traducións ==


* ''Doutor Zhivago'' (2024). Tradución directa ao galego de [[Aleksandr Dziuba]]. Editorial Galaxia.<ref>{{Cita web|título=Doutor Zhivago|url=https://editorialgalaxia.gal/produto/doutor-zhivago/|páxina-web=Editorial Galaxia|data-acceso=2024-02-10|lingua=gl-ES}}</ref>


== Notas ==

<references />



== Véxase tamén ==

== Véxase tamén ==

Modelo:Escritor

Borís Leonídovich Pasternak, nado en Moscova o 10 de febreiro de 1890 e finado o 30 de maio de 1960, foi un poeta e novelista ruso. A súa novela Doutor Zhivago (1957) foi traducida ao galego pola Editorial Galaxia.[1]

Traxectoria

En occidente Pasternak é coñecido pola súa monumental novela tráxica ambientada na Rusia Soviética Doutor Zhivago, publicada por primeira vez en Italia en 1957. Tamén, A vida, a miña irmá (1917) é unha das súas grandes obras poéticas, área da literatura na que tamén se destacou. É un dos catro poetas que emerxeron nos anos de goberno de Stalin. Os outros tres membros deste cuarteto son Anna Akhmatova, Maria Tsvetaieva e Osip Mandelshtam.

Era fillo do famoso pintor xudeu, Leonid Pasternak, profesor na escola de pintura de Moscova. O seu pai converteuse do xudaísmo ao cristianismo ortodoxo. A nai de Borís, Rosa Kaufman tamén de orixe xudeu, era unha famosa concertista de piano. Pasternak medrou nunha atmosfera cosmopolita: na súa casa desfilaban artistas do talle de Sergei Rachmaninov, Lev Tolstoi ou Rainier Maria Rilke.

A conversión do seu pai tivo un grande impacto no mozo Boris. Moitos dos seus poemas teñen temas cristiáns. Estudou filosofía na Universidade de Marburg, en Alemaña, xunto a Hermann Cohen e Nicolai Hartmann. Con todo, decidiu renunciar á filosofía como profesión. Regresou a Moscova en 1914 e publicou a súa primeira colección de poemas ese mesmo ano.

Durante a Primeira Guerra Mundial traballou nunha fábrica de produtos químicos nos Urais; seguramente aquí atopou material que logo utilizaría na súa novela Doutor Zhivago. A revolución de 1917 significou o inicio da fama de Pasternak como poeta.

Perdeu a protección das autoridades soviéticas na década dos 30; acusóuselle de subxectividade aínda que conseguiu escapar dos gulags. A partir de entón, gañou a vida traducindo aos clásicos.

A publicación de Doutor Zhivago, moi crítica co réxime comunista, levoulle a ser perseguido polas autoridades ata o día da súa morte. A novela non se publicou na Unión Soviética ata o ano 1987.

O Premio Nobel

Museo de Borís Pasternak

Pasternak gañou o Premio Nobel en 1958, logo de que Doutor Zhivago fose publicada en ruso. Con isto, cumpría a condición para recibir o premio. Con todo, nunha publicación recente da revista Time, o escritor ruso Ivan Tolstoi describiu no seu libro, The Laundered Novel, o xeito en que Pasternak conseguiu o premio.

A súa investigación, que durou 16 anos, revela que a CIA tivo algo que ver co premio. Segundo Tolstoi, a CIA e a Intelixencia Británica decatáronse de que o manuscrito da novela estaría en certo avión, certo día de 1958. Desviaron o avión cara a Malta, detivérono alí, e fotografaron folla por folla o manuscrito para logo devolvelo sen que ninguén se dese conta.

Días despois, transcribiron o material e editárono utilizando papel ruso e tipografías típicas das edicións soviéticas. Logo encargáronse de facerlles chegar algúns exemplares aos membros da Academia Sueca, e ese mesmo ano Pasternak logrou o premio Nobel.

O resto da historia é máis coñecida: Pasternak enviou unha carta de agradecemento, contando o "agradecido" e "sorprendido" que estaba. Días despois, baixo unha intensa presión do goberno soviético debeu enviar outra carta: "Considerando o significado que este premio tomou na sociedade á que pertenzo, debo rexeitar este premio inmerecido que se me entregou. Por favor non tomen isto a mal". Ameazado con ser expulsado de Rusia, e presionado polo KGB, Pasternak morreu en 1960.

En 1958, o caricaturista Bill Mauldin gañou o Premio Pulitzer pola caricatura que mostra a un suposto Pasternak facendo traballos forzados en Siberia e dicíndolle a outro prisioneiro: "Eu gañei un Premio Nobel, Cal é o teu crime?". [1]

Só en 1989, o seu fillo Yevgueny foi autorizado para recibir o premio en nome do seu pai.

A investigación de Tolstoi tamén afirma que a razón que tivo a CIA foi avergoñar ao Kremlin, quen prohibira a publicación do texto.

Traducións

Notas

  1. Sara (2024-02-06). ""Doutor Zhivago" xa está dispoñible en galego". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-02-10.
  2. "Doutor Zhivago". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-02-10.

Véxase tamén

Ligazóns externas