Tianzhu

Colaboradores dos proxectos da Wikimedia

Article Images

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Contido eliminado Contido engadido

Vanicorps

(conversa | contribucións)

3.544 edicións

Vanicorps

(conversa | contribucións)

3.544 edicións

Liña 20: Liña 20:

* O'Malley, J. W. (1999): ''[https://www.google.es/books/edition/The_Jesuits/Hzbsz3TOsZAC?hl=gl&gbpv=0 The Jesuits: Cultures, Sciences, and the Arts, 1540-1773]''. University of Toronto Press. {{ISBN|9780802042873}}.

* Yang, F. (2010): ''[https://www.google.es/books/edition/Chinese_Christians_in_America/Jw1TV4VvY8IC?hl=gl&gbpv=0 Chinese Christians in America: Conversion, Assimilation, and Adhesive Identities]''. Pennsylvania State University Press.

=== Ligazóns externas ===

* [https://ctext.org/wiki.pl?if=en&res=2351032 《天主實義》] (texto completo en [[chinés clásico]]).

{{Barra portal|China}}

{{Barra portal|China}}

Revisión como estaba o 2 de abril de 2024 ás 14:21

Representación combinada dos caracteres da palabra tianzhu, tian 天 e zhu 主.
Representación combinada dos caracteres da palabra tianzhu, tian 天 e zhu 主.

Tianzhu (chinés tradicional e simplificado: 天主; pinyin: Tiānzhǔ; Wade-Giles: T'ian1-chu3), literalmente "Mestre Celestial" ou "Señor dos Ceos", é unha palabra chinesa empregada polos xesuítas para designar ao deus cristián.[1]

Historia

A voz tianzhu apareceu por vez primeira na tradución chinesa dos dez mandamentos realizada por Michele Ruggieri (1543-1607).[1] No 1584, Ruggieri e Matteo Ricci (1552-1610) publicaron o primeiro catecismo da China, co título Tianzhu shilu 天主實錄 ("O verdadeiro rexistro do Señor dos Ceos").[2] O propio Ricci escribiu posteriormente outro catecismo, o Tianzhu shiyi 天主實義 ("O auténtico sentido do Señor dos Ceos").[1][2]

Logo da chamada polémica dos ritos chineses, a palabra tianzhu foi oficialmente adoptada polo papado no 1715, rexeitando alternativas como Tian 天 ("Ceo") ou Shangdi 上帝 ("Emperador Supremo"), que xa tiñan unha tradición de uso na historia da China.[3]

"Catolicismo" adoita traducirse como tianzhujiao 天主教 ("A relixión do Señor dos Ceos").[4] Pola súa banda, "católico" é tianzhujiaotu 天主教徒, xa que tu 徒 significa "discípulo" ou "crente".[4] Os mesmos hanja ou caracteres chineses empréganse en coreano para os termos equivalentes.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Jensen (1997): 73.
  2. 2,0 2,1 O'Malley (1999): 365.
  3. Yang (2010): 52.
  4. 4,0 4,1 Davidson (ed.) (2006)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas