Zhu Guangqian


Colaboradores dos proxectos da Wikimedia

Article Images

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Contido eliminado Contido engadido


Revisión como estaba o 12 de abril de 2024 ás 15:23

Infotaula de personaZhu Guangqian

(1933) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh) 朱光潜 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Tongcheng, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 1986 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Pequín, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Qing
República da China
República Popular da China Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Hong Kong
Universidade de París
University College de Londres
Universidade de Edimburgo
Universidade de Estrasburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstética e historia da estética Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Beijing
Universidade de Wuhan
Universidade Tsinghua
Universidade de Sichuan Editar o valor en Wikidata
Partido políticoKuomintang Editar o valor en Wikidata
MovementoEscola de Beijing Editar o valor en Wikidata

Premios


Zhu Guangqian (chinés tradicional: 朱光潛; chinés simplificado: 朱光潜; pinyin: Zhū Guāngqián; Wade-Giles: Chu1 Kuang1-ch'ien2), nado o 19 de setembro do 1897 e finado o 6 de marzo do 1986, foi un erudito e experto en estética chinés do século XX.[1]

Traxectoria

Zhu Guangqian naceu en Tongcheng (provincia de Anhui) no 1897, onde fixo a secundaria. No 1922, graduouse na Universidade de Hong Kong. Posteriormente, estudou estética na Universidade de Edimburgo e no University College de Londres. No 1931, trasladouse a Francia para doutorarse na Universidade de Estrasburgo. Tras regresar á China, comezou a publicar diversas obras, como Wenyi xinlixue 文藝心理學 ("Psicoloxía da literatura e das artes"), Shilun 詩論 ("Sobre a poesía"), Xifang meixue shi 西方美學史 ("Historia da estética en Occidente") ou Tan mei shujian 談美書簡 ("Cartas sobre a beleza").[2][3]

Durante a década dos 30, organizou un salón literario en Beijing no que se reunían mensualmente diversos intelectuais para recitar prosa e poesía. Entre os asistentes incluíanse Wen Yiduo, Chen Mengjia, Zhu Ziqing, Bing Xin, Ling Shuhua, Bian Zhilin, Lin Huiyin, Xiao Qian ou Shen Congwen. Estes escritores tiveron unha influencia capital na literatura da república, e conformaban o que se coñece como Escola de Beijing.[2]

Notas

  1. Yeh, Michelle (1990). "A New Orientation to Poetry: The Transition from Traditional to Modern". Chinese Literature: Essays, Articles, Reviews (CLEAR) (en inglés) 12: 83–105. ISSN 0161-9705. doi:10.2307/495225.
  2. 2,0 2,1 Sabattini, Mario (2021-03-15). Zhu Guangqian’s Life and Philosophy: An Introduction (en inglés). BRILL. ISBN 978-90-04-45011-0.
  3. Laikwan, Pang (2023-07). "Can dialectic materialism produce beauty? The “Great Aesthetic Debates” (1956–1962) in the People's Republic of China". International Journal of Asian Studies (en inglés) 20 (2): 339–352. ISSN 1479-5914. doi:10.1017/S1479591422000171.