A bandeira de Porto Rico consiste en cinco franxas horizontais, tres vermellas e dúas brancas alternadas, e superposto sobre as franxas un triángulo equilátero azul, un de cuxos lados forma o extremo da bandeira a carón do mastro. A cor do triángulo é azul. Sobre o triángulo vai superposta unha estrela branca de cinco puntas, colocada de tal xeito que unha das súas puntas sinala cara a arriba.
Bandeira de Porto Rico | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1952 |
Cores | Azul Branco Vermello |
A bandeira deseñouse durante a última década do século XIX como insignia dos separatistas portorriqueños residentes na cidade de Nova York. A identidade do autor do deseño foi motivo de debate, mencionándose entre os seus posibles autores ós patriotas portorriqueños José de la Matta Terreforte, Antonio Vélez Alvarado, Manuel Besosa e o poeta guerrilleiro Francisco Gonzalo (Pachín) Marín. Porén, unha carta do 20 de maio de 1923, escrita por Terreforte establece que foi Pachín Marín quen lle propuxo a Terreforte dende Xamaica o deseño da bandeira.
Bandeiras dos municipios
Bandeiras políticas de Porto Rico
Partido Nacionalista Portorriqueño fundado en 1922 |
Partido Independentista Portorriqueño fundado en 1946 | |||||||
Partido Novo Progresista de Porto Rico fundado en 1967 |