Beseño, Touro


Colaboradores dos proxectos da Wikimedia

Article Images

parroquia civil do concello de Touro

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Beseño.

San Cristovo de Beseño[1] é unha parroquia do concello de Touro, na comarca de Arzúa, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2012 tiña 208 habitantes (109 homes e 99 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 259 habitantes.

Beseño

Igrexa de Beseño

ConcelloTouro[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°52′29″N 8°14′14″O / 42.87461667, -8.23720278
Área6,12 km²
Poboación187 hab. (2019)
Densidade30,56 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Sitúase ao leste do concello, e ten unha superficie de 6,12 km². Linda ao norte e leste con Arzúa, ao sur con Turces e ao oeste con Andeade e Quión. Amais dos 10 lugares recollidos no Nomenclátor, hai outros como A Gordela, Maroxa, A Pena, Tarrío ou A Pica.

Beseño atópase cheo de regatos. O máis importante é o río Beseño, que logo perde o seu nome para collelo de Merés (Turces e finaliza sendo un afluente do río Lañas (Quión). Mais tódalas augas rematan no río Ulla.

É unha parroquia chan onde abundan as agras para uso agrícola, existindo pouso masa forestal, concentrada no monte de Vilanova, lindando con Andeade, o monte da Estrapuza, entre Barrido e Forte.

Durante o antigo réxime a parroquia de Beseño pertenceu á xurisdición de Budiño, na desaparecida provincia de Santiago, e ao concello do Pino, até a creación en 1835 do concello de Touro trala división territorial de España en 1833.

Conta cunha única casa de turismo rural, un edificio do século XVI, hoxe arranxado, que se chama A Pena de Augasantas.

Entre o froito musical, conta cunha banda de gaitas chamada A Esmorga. Tamén existe unha asociación de veciños no termo parroquial.

Para a práctica deportiva áchase unha pista polideportiva rubia de 40 m x 20 m de formigón puído nun dos campos de festa.

O mellor campo de lecer é o de Baiobre, entre un souto ao lado dunha capela e unha fonte, lugar belo onde comezan as celebracións estivais particulares da parroquia, a primeiros de xullo coa Santa Sabela. Outros festexos son a Festa da Xuventude, no último domingo de abril; o San Cristovo, os últimos non festivos de xullo; e a Augasantas en Oca de Abaixo en agosto.

Lugares da parroquia de Beseño no concello de Touro (A Coruña)

Baiobre | Barrido | Beseño de Abaixo | Beseño de Arriba | O Forte | A Gordela | A Igrexa | A Maroxa | Murgás | Oca de Abaixo | Oca de Arriba | A Pica | Tarrío | Vilanova

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)