parroquia civil do concello de Vila de Cruces
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Brandariz.
San Miguel de Brandariz é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 263 habitantes (135 homes e 128 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.
Brandariz | |
---|---|
Igrexa de Brandariz. | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°48′41″N 8°18′24″O / 42.8114262, -8.3066219 |
Poboación | 263 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Houbo un mosteiro familiar fundado nos séculos X-XI. A primeira referencia é de 1087, cando a infanta Dona Elvira inclúeo nunha doazón que fai á igrexa de Santiago. Puido depender do veciño mosteiro de Piloño, e correu a mesma sorte ao incorporarse os seus monxes ao mosteiro de Camanzo.
A igrexa de San Miguel de Brandariz foi levantada cara a 1700 polos mercedarios de Conxo. No lugar de Pinlle, hai unha capela dedicada a San Benito.
A Casa dos Castro ten escudo e escalinata de época.
A Mascarada, unha celebración do Entroido, foi moi famosa.
Hai unha lenda dunha espada de ouro guindada ao río Ulla para honrar a memoria dun guerreiro[2].
-
Capela de San Bieito en Pinlle.
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Aparece unha lenda inédita: a lenda da espada de Brandomés, en Vila de Cruces", artigo no blog Palabras de Pedra, 11 de febreiro de 2014.
Lugares da parroquia de Brandariz no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|