Gran Premio do Xapón de 2015


Colaboradores dos proxectos da Wikimedia

Article Images

O Gran Premio do Xapón de 2015, foi a décimo cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 2015. Celebrouse o 27 de setembro de 2015 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón, foi a 14ª rolda da tempada 2015 e o 42º Gran Premio do Xapón.

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Xapón de 2015
Nome oficial2015 Formula 1 Japanese Grand Prix Editar o valor en Wikidata
Nome na lingua orixinal(en) 2015 Japanese Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Xapón Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento53 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónSuzuka (Prefectura de Mie)
Circuíto de Suzuka (Suzuka) Editar o valor en Wikidata
PaísXapón Editar o valor en Wikidata
Data27 de setembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoLewis Hamilton
Mercedes Editar o valor en Wikidata
Pole positionNico Rosberg Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaLewis Hamilton Editar o valor en Wikidata

Lewis Hamilton comezo a carreira como o campión defensor do Gran Premio e líder do Campionato de Pilotos cunha vantaxe de 41 puntos sobre o seu compañeiro en Mercedes Nico Rosberg. Sebastian Vettel no Ferrari inicia a carreira oito puntos máis atrás no terceiro posto. Mercedes lidera o Mundial de Construtores sobre Ferrari por 153 puntos, con Williams outros 110 puntos por detrás de Ferrari.

Hamilton gañou a carreira, despois de superar a Rosberg na saída, que caeu ao cuarto lugar, pero recuperouse para terminar segundo. A distancia de Rosberg do campionato de pilotos, por tanto, aumentou a 48 puntos. Sebastian Vettel terminou terceiro para Ferrari.

Por terceiro ano consecutivo, Pirelli optou por traer os seus dous compostos de seco máis duro para esta carreira, o composto duro de Bandas laranxa como a selección "prime", mentres que o composto medio con bandas brancas como a selección "option". Os dous pneumáticos de mollado, os pneumáticos intermedios con bandas verdes e os azuis par moi mollado, tamén estarán dispoñibles para o seu uso, en caso de choiva. Pirelli aduciu a natureza da pista e as altas cargas de enerxía laterais experimentadas nas curvas, en particular 130R, se toma co acelerador pisado a fondo e a máxima velocidade nas carreiras en seco, como razóns para utilizar os pneumáticos máis duros. O fornecedor espera unha diferenza de rendemento de 0´6-0´8 segundos por volta entre os dous compostos.[1]

O Gran Premio do Xapón é un dos dous eventos que teñen unha singular zona de DRS similar ao do Mónaco.[2] A zona de DRS en Suzuka estará no lugar tradicional, na recta de meta entre a curva 18 e a curva un, co punto de detección xusto antes do complexo do Casino Triange.

O piloto de Force India Nico Hülkenberg tivo unha penalización de tres posicións na grella tras ser considerado culpable dun choque co piloto de Williams Felipe Massa na carreira anterior en Singapur.[3]

Esta será a primeira carreira do Gran Premio do Xapón logo do mortal accidente de Jules Bianchi na edición anterior, Bianchi sucumbiu as feridas nove meses despois do accidente.[4] O equipo Manor Marussia anunciou que ían conmemorar a ocasión dun xeito "moi privado".[5] Como consecuencia do accidente, os organizadores do Gran Premio do Xapón instalaron un guindastre de grandes dimensións no lugar no que Bianchi chocou co tractor.[6] O equipamento do equipo Lotus chegou tarde a Suzuka, mentres os membros do equipo tampouco puideron acceder a súa unidade de hospitalidade logo dos problemas de liquidez que provocou que non a pagaran a tempo. Xa que logo, o equipo viuse obrigado a buscar a hospitalidade doutros equipos para o xantar o xoves.[7]

Polo regulamento para a tempada de 2015, celebráronse tres quenllas de práctica; houbo dúas sesións de 1´5 horas o venres e outra sesión dunha hora antes da cualificación do sábado.[8] Na primeira práctica, Carlos Sainz logrou o mellor tempo con 1m49.434s en condicións de choiva, ao redor de medio segundo por diante do segundo clasificado, Daniil Kvyat. Oito pilotos optaron por non establecer un tempo, con queixas sobre aquaplaning na última etapa da sesión. Os primeiros cincuenta minutos da sesión viron a maioría dos condutores só fixeron voltas de proba. Mentres que as primeiras voltas cronometradas establecéronse cos pneumáticos de mollado, os dous Williams foron os primeiros en saír con pneumáticos intermedios. Nico Rosberg correu coa unidade de potencia que utilizara brevemente no Gran Premio de Italia antes de cambiala debido a unha fuga de refrixerante. cambiou de novo á que utilizou na carreira anterior en Singapur para o resto da fin de semana. Jolyon Palmer de novo substituíu a Romain Grosjean no Lotus, pero non fixo unha volta cronometrada.[9]

Cando a choiva cesou a principios da segunda sesión, a pista aínda estaba húmida e inicialmente todos os pilotos montaron pneumáticos intermedios. Daniil Kvyat finalmente marcou o mellor tempo en 1m48.277s, apenas 0´023s por diante de Nico Rosberg, con Lewis Hamilton terceiro, con medio segundo sobre Kvyat. Sainz, o máis rápido na primeira práctica, escoitou "ruídos estraños" na súa unidade de potencia, pero finalmente terminou no sétimo posto. Felipe Massa foi o único piloto de Williams en correr, xa que Valtteri Bottas gardou os pneumáticos de choiva. Logo de máis de media hora, comezou a chover de novo e varios pilotos saíron a facer un tempo cos pneumáticos de mollado. Isto incluíu a Fernando Alonso, que fora obrigado a esperar corenta minutos para iniciar a súa proba debido a un problema non especificado coa unidade de potencia.[10][11]

A terceira sesión do sábado levouse a cabo en condicións secas. Os dous pilotos de Mercedes Nico Rosberg e Lewis Hamilton marcaron os mellores tempos, sendo o primeiro ao redor de tres décimas de segundo máis rápido que o segundo. O Red Bull de Daniel Ricciardo foi terceiro, medio segundo detrás do tempo de Rosberg de 1m33.995s. Kvyat no outro Red Bull non tivo unha boa sesión, terminando undécimo. Detrás de Ricciardo, ambos Williams quedaron por diante dos dous Ferrari.[12]

As eliminatorias constaron de tres quendas de, 18, 15 e 12 minutos de duración, respectivamente, con cinco pilotos eliminados da competición logo de cada unha das dúas primeiras quendas. A primeira quenda da cualificación (Q1) foi interrompida cara ao final, cando Max Verstappen de Toro Rosso quedou parado na forquita, impedindo que varios pilotos melloraran os seus tempos de volta. Marcus Ericsson, cuxa primeira volta cronometrada fora mala debido a un trompo, foi un dos pilotos afectados e foi eliminado no posto 17.[13] Jenson Button tampouco puido pasar á Q2. A súa segunda volta tamén viuse afectada por Verstappen, perdera tempo na súa primeira debido a un fallo de comunicación acerca do seu modo de motor.[14] Tamén quedou eliminado o segundo Sauber de Felipe Nasr e os dous Manor Motorsport.

Do mesmo xeito que na Q1, os dous Mercedes tamén estableceron os tempos máis rápidos da Q2. Verstappen non puido continuar, polo que só catro dos coches que participaban na Q2 debían ser eliminados. Eses foron Hülkenberg, o segundo Toro Rosso de Sainz, Pastor Maldonado e Fernando Alonso, quen dixo que a súa volta probablemente fora mellor que fixera nunca nese circuíto.[13][14]

Os dez pilotos que disputaron a Q3 pola pola pole position foron os dous pilotos de Mercedes, que estableceron os tempos máis rápidos, unha vez máis, con Rosberg superando compañeiro de equipo Hamilton por só 0´076 segundos. Valtteri Bottas colocou o seu Williams terceiro, mentres que Massa perdeu cuarto posto na grella en favor do Ferrari de Sebastian Vettel, debido a un erro cara ao final da volta. Detrás de Massa, Kimi Räikkönen logrou o sexto lugar, coa que describiu como unha volta de "mediocre".[15] As posicións mantivéronse sen cambios no final da quenda porque os pilotos non puideron mellorar os tempos de volta porque Daniil Kvyat estrelouse contra as barreiras na curva dez e sacouse a bandeira vermella. Tocou a herba cando viraba, e o seu coche envorcou co impacto, pero Kvyat saíu ileso. Como só quedaban 36 segundos da quenda logo da bandeira vermella, foi imposible establecer novas voltas rápidas. Lewis Hamilton quedou decepcionado, xa que era décima e media máis rápido que o seu compañeiro de equipo na súa segunda volta rápida cando sacaron as bandeiras vermellas.[16]

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 6   Nico Rosberg Mercedes 1:33.015 1:32.632 1:32.584 1
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:32.844 1:32.789 1:32.660 2
3 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:34.326 1:33.416 1:33.024 3
4 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:34.431 1:33.844 1:33.245 4
5 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:34.744 1:33.377 1:33.337 5
6 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:34.171 1:33.361 1:33.347 6
7 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:34.399 1:34.153 1:33.497 7
8 8   Romain Grosjean Lotus-Mercedes 1:34.398 1:34.278 1:33.967 8
9 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:35.001 1:34.174 Sen tempo 9
10 26   Daniil Kvyat Red Bull-Renault 1:34.646 1:34.201 Sen tempo PL[17]
11 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:35.328 1:34.390 13[18]
12 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 1:34.873 1:34.453 10
13 13   Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 1:34.796 1:34.497 11
14 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:35.467 1:34.785 12
15 33   Max Verstappen Toro Rosso-Renault 1:34.522 Sen tempo 17[19]
16 22   Jenson Button McLaren-Honda 1:35.664 14
17 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:35.760 15
18 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:35.673 16
19 28   Will Stevens Marussia-Ferrari 1:38.783 18
107% tempo: 1:39.386
NC 53   Alexander Rossi Marussia-Ferrari 1:47.114 19[20]
Fonte:[21]
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Pts.
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 53 1:28:06.508 2 25
2 6   Nico Rosberg Mercedes 53 +18.964 1 18
3 5   Sebastian Vettel Ferrari 53 +20.850 4 15
4 7   Kimi Räikkönen Ferrari 53 +33.768 6 12
5 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 53 +36.746 3 10
6 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 53 +55.559 13 8
7 8   Romain Grosjean Lotus-Mercedes 53 +1:12.298 8 6
8 13   Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 53 +1:13.575 11 4
9 33   Max Verstappen Toro Rosso-Renault 53 +1:35.315 17 2
10 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 52 +1 volta 10 1
11 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 52 +1 volta 12
12 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 52 +1 volta 9
13 26   Daniil Kvyat Red Bull-Renault 52 +1 volta PL
14 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 52 +1 volta 15
15 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 52 +1 volta 7
16 22   Jenson Button McLaren-Honda 52 +1 volta 14
17 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 51 +2 voltas 5
18 53   Alexander Rossi Marussia-Ferrari 51 +2 voltas 19
19 28   Will Stevens Marussia-Ferrari 50 +3 voltas 18
20[22] 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 49 Mecánica 16
Fonte:[23][24]

Posicións logo da carreira

editar

  • Texto en negra indica que aínda ten posibilidades matemáticas de converterse en Campión do Mundo.
  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. "Japanese Grand Prix Preview: Suzuka, de setembro de 24-27, 2015". Pirelli. Pirelli & C. S.p.A. 21 de setembro de 2015. Consultado o 22 de setembro de 2015.
  2. "2015 FIA Formula One World Championship® Race Calendar". Formula1.com. Formula One Management. Consultado o 22 de setembro de 2015.
  3. Saunders, Nate (20 de setembro de 2015). "Nico Hulkenberg frustrated with Massa collision penalty". ESPN UK (ESPN). Consultado o 23 de setembro de 2015.
  4. "F1 driver Jules Bianchi dies from injuries sustained in crash at Japanese Grand Prix". The Guardian. 18 de xullo de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2015.
  5. "Manor to mark Suzuka return 'in private' in F1 Japanese Grand Prix". autosport.com. 22 de setembro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2015.
  6. "Suzuka installs larger crane for 2015". GPUpdate.net. Consultado o 2015-09-27.
  7. Barretto, Lawrence (24 de setembro de 2015). "Lotus F1 team's freight arrives late to Suzuka for Japanese GP". autosport.com. Consultado o 24 de setembro de 2015.
  8. "Practice and qualifying". FIA. Consultado o 21 de xuño de 2015.
  9. Barretto, Lawrence (25 de setembro de 2015). "Japanese F1 GP: Toro Rosso's Carlos Sainz Jr leads wet practice". autosport.com. Consultado o 25 de setembro de 2015.
  10. Weaver, Paul (25 de setembro de 2015). "Daniil Kvyat tops wet F1 practice session in Suzuka ahead of Mercedes pair". The Guardian. Consultado o 25 de setembro de 2015.
  11. Parkes, Ian (25 de setembro de 2015). "Japanese F1 GP: Daniil Kvyat tops wet Suzuka practice for Red Bull". autosport.com. Consultado o 25 de setembro de 2015.
  12. Barretto, Lawrence (26 de setembro de 2015). "Japanese GP: Nico Rosberg leads Mercedes one-two in dry practice". autosport.com. Consultado o 26 de setembro de 2015.
  13. 13,0 13,1 Collantine, Keith (26 de setembro de 2015). "Rosberg takes pole after Kvyat rolls his Red Bull". F1 Fanatic. Consultado o 26 de setembro de 2015.
  14. 14,0 14,1 Wise, Mike (26 de setembro de 2015). "A frustrated Jenson Button said McLaren 'messed up' in Japanese GP qualifying". Sky Sports. Consultado o 26 de setembro de 2015.
  15. Barretto, Lawrence; Beer, Matt (26 de setembro de 2015). "Kimi Raikkonen calls his Japanese GP F1 qualifying lap 'average'". autosport.com. Consultado o 26 de setembro de 2015.
  16. Gill, Pete; Galloway, James (26 de setembro de 2015). "Lewis Hamilton rues early end to Japanese GP qualifying as Nico Rosberg takes pole". Sky Sports. Consultado o 26 de setembro de 2015.
  17. Daniil Kvyat tivo que montar un chasis novo debido a un forte accidente durante a Q3, polo que foi penalizado a saír do pit lane
  18. Nico Hülkenberg recibiu unha penalización de 3 posicións por causar unha colisión na carreira anterior.
  19. Max Verstappen recibiu unha penalización de 3 posicións por parar o seu coche nunha posición potencialmente perigosa durante o Q1
  20. Alexander Rossi recibiu o permiso dos comisarios para iniciar a carreira, malia non lograr un tempo dentro do 107% da volta máis rápida durante a Q1
  21. "Qualifying". Formula1.com. Formula One Administration. 26 de setembro de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015.
  22. Felipe Nasr clasificou ao completar o 90% da distancia da carreira.
  23. "Race". FIA. Consultado o 27 de setembro de 2015.
  24. "2015 Japanese Grand Prix result". Consultado o 27 de setembro de 2015.