Jeremy Lin


Colaboradores dos proxectos da Wikimedia

Article Images

baloncestista estadounidense

Jeremy Shu-How Lin (en chinés: 林書豪, pinyin: Lín Shūháo), nado o 23 de agosto de 1988 en Palo Alto, California é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Beijing Ducks da Chinese Basketball Association (CBA). Cunha alzada de 1,91 metros xoga na posición de base.

Infotaula de personaJeremy Lin

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jeremy Shu-How Lin Editar o valor en Wikidata
23 de agosto de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Torrance, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Taiwán Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - economía (2006–2010)
Palo Alto High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Taipé Chinês (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo23 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Stockton Kings
- Los Angeles Lakers
- Charlotte Hornets
- Toronto Raptors
- Erie BayHawks (pt) Traducir
- Shenzhen Leopards (pt) Traducir
- Houston Rockets
- New York Knicks
- Golden State Warriors
- Beijing Ducks (pt) Traducir
2006-2010 Harvard Crimson men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de febreiro de 20212020–21 NBA G League season (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiShirley Lin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoseph Lin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webjlin7.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4907752 Facebook: jeremylin7 Twitter: jlin7 Instagram: jlin7 TikTok: jlin7 WikiTree: Lin-145 Editar o valor en Wikidata

Despois de non recibir ningunha bolsa deportiva para continuar os seus estudos despois do instituto, ingresou na Universidade Harvard onde se graduou en económicas con boas notas. Posteriormente chegou a un acordo parcialmente garantido cos Golden State Warriors ao non ser drafteado. Lin é o primeiro xogador de orixe chinesa (República da China) en xogar na NBA.

No ano 2006, Lin guiou ao Instituto Palo Alto ao título estatal da División II da Federación Interescolar de California.[1] Foi incluído no mellor quinteto do estado e nomeado mellor xogador da División II do norte de California, finalizando o seu ano sénior con medias de 15,1 puntos, 7,1 asistencias, 6,2 rebotes e 5 roubos de balón por partido.

Lin completou o seu período universitario na Universidade Harvard xogando cos Crimson.[2] Na súa segunda tempada (2007-08) fixo unha media de 12,6 puntos e foi incluído no segundo quinteto da Ivy League. No seu terceiro ano universitario, Lin foi o único xogador da División I da NCAA en manterse entre o dez primeiros da súa conferencia en anotación (17,8), rebotes (5,5), asistencias (4,3), roubos (2,4), tapóns (0,6), porcentaxe en tiros de campo (50,2), porcentaxe de tiros libres (74,4) e porcentaxe de triplas (40,0), e foi incluído no mellor quinteto da Ivy League.

Xa na súa última campaña (2009-10),[3][4] Lin consegiu unha media de 16,4 puntos, 4,4 rebotes, 4,5 asistencias, 2,4 roubos e 1,1 tapóns por partido, e formou parte de novo do mellor quinteto da Ivy League. Lin foi un dos trinta candidatos a metade de tempada do Premio John R. Wooden e un dos once finalistas para o Premio Bob Cousy. Tamén foi convidado ao Portsmouth Invitational Tournament. Lin recibiu unha gran atencion nacional pola súa actuación ante os Connecticut Huskies, contra quen anotou 30 puntos e recolleu 9 rebotes. Tralo partido, o adestrador de Connecticut e membro do Hall of Fame Jim Calhoun dixo de Lin:

Vin a moitos equipos aquí e podería xogar en todos eles. Ten unha gran compostura na cancha. Sabe como xogar.

 
Jeremy Lin.

Tras graduarse na Universidade Harvard, Lin non foi seleccionado por ningún equipo no Draft da NBA de 2010;[5] porén, uniuse posteriormente aos Dallas Mavericks para un minicampus, formando parte do equipo dos Mavericks na Liga de Verán da NBA en Las Vegas. Donnie Nelson, dos Mavericks, foi o único director deportivo que lle ofreceu unha invitación para xogar a Liga de Verán, polo que Lin declarou:

Donnie coidou de min, ten un tipo de visión diferente á maioría da xente.

En cinco partidos na liga de Verán, xogando tanto de base como de escolta,[6] Lin fixo unha media de 9,8 puntos, 3,2 rebotes, 1,8 asistencias e 1,2 roubos en 18,6 minutos e liderou ao equipo en porcentaxe de tiros de campo cun 54,5%. Lin recibiu ofertas para fichar polos Mavericks, Los Angeles Lakers e un equipo da Conferencia Leste que non transcendeu publicamente. Os Golden State Warriors uníronse á poxa, fichando finalmente ao xogador por dous anos.

O 9 de decembro de 2011, os Warriors cortaron a Lin, e ao día seguinte fichou por Houston Rockets,[7] aínda que foi despedido antes de que comezase a tempada para facer un oco no seu cadro de xogadores para incorporar a Samuel Dalembert. O 27 de decembro de 2011, Lin asinou con New York Knicks.

Tras un comezo discreto en New York Knicks, comeza a destacar no equipo a comezos de 2012 tralas lesións de Carmelo Anthony e Amar'e Stoudemire, asinandotres bos partidos en tres vitorias consecutivas do seu equipo ante New Jersey Nets (25 puntos, 7 asistencias e 5 rebotes), Utah Jazz (28 puntos e 8 asistencias) e Washington Wizards (23 puntos, 10 asistencias e 4 rebotes) pasando a xogar de media 39 minutos por partido, fronte aos dous min que xogaba inicios de campaña. O 10 de febreiro de 2012, pon en pé ao Madison Square Garden tras unha exhibición ante Los Angeles Lakers de Kobe Bryant tras conseguir 38 puntos, 7 asistencias e 4 rebotes.

  1. "Jeremy Lin: GoCrimson.com". Harvard University. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2010. Consultado o 2010-03-14.
  2. O'Neil, Dana (10 de decembro de 2009). "Immigrant dream plays out through son: Harvard's do-it-all star learned the game from his father and a host of NBA legends". ESPN. Consultado o 16 de setembro de 2010.
  3. "Lin Named John R. Wooden Award Midseason Top 30 Candidate". GoCrimson.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2010. Consultado o 13 de agosto de 2010.
  4. "Jeremy Lin among 11 finalists for the Bob Cousy Award". Pau Alto Online. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2010.
  5. Sefko, Eddie (25 de xuño de 2010). "Mavericks to bring in Lin". mavsblog.dallasnews.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2010. Consultado o 26 de xuño de 2010.
  6. "WARRIORS: Warriors Sign Free Agent Guard Jeremy Lin". NBA.com. Consultado o 13 de agosto de 2010.
  7. "Rockets sign rookie forward Morris". NBA.com. Associated Press. 12 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2012.