José Galán Núñez


Colaboradores dos proxectos da Wikimedia

Article Images

guerrilleiro antifranquista galego

José Miguel Galán Núñez, coñecido como Dereito ou Miguel, nado en Alvedro (Almeiras, Culleredo) e finado en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJosé Galán Núñez
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alvedro, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xuño de 1952 Editar o valor en Wikidata
Visantoña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVisantoña (–2024) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDereito
Miguel Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor en Wikidata
Foxa de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto en Visantoña, Mesía.

Estaba facendo o servizo militar en Lugo. Cando lle faltaban tres meses para licenciarse, desertou. Pertenceu ao grupo de Benigno Andrade García. Participou na sanción económica a Marcial Patiño Patiño de Tarrío (Culleredo) o 13 de outubro de 1949. Foi abatido en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952 con Manuel Ramiro Souto cando a Garda Civil rodeou a casa onde estaban agochados; o outro compoñente da partida, Juan Couto Sanjurjo, foi detido.[1] Soterrárono xunto á igrexa de Visantoña, e en 2024 exhumáronse os seus restos.[2]

  1. La Voz de Galicia, 25-6-1952, p. 3.
  2. David Reinero (20 de agosto de 2024). "Comeza en Visantoña, Mesía, a exhumación de dous guerrilleiros caídos en 1952". Praza Pública.
  • Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 207–212. ISBN 978-84-8487-635-9.
  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.