Neferkasokar
Colaboradores dos proxectos da Wikimedia
Article ImagesNeferkasokar foi un soberano da segunda dinastía de Exipto. Gobernou c. 2719-2711 adC (von Beckerath)
Biografía | |
---|---|
Morte | século XXVIII a. C. |
Faraón | |
Q110644534 | |
Q110644602 | |
← Neferkara | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Antigo Exipto |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Período de tempo | Antigo Exipto |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Segunda Dinastía de Exipto |
O seu nome figura entre Neferkara e Hudjefa na Lista Real de Saqqara e o Canon Real de Turín onde lle asignan un mandato de 8 anos. Aínda que non está na Lista Real de Abidos.
Pode tratarse do Sesocris de Manetón, segundo Xulio Africano e Eusebio de Cesarea.
Posiblemente se tratáse dun mandatario que só gobernaba na rexión do delta do Nilo.
Von Beckerath asigna como sucesor de Neferkasokar a Hudjefa.
Testemuños arqueolóxicos da súa época
- Un fragmento de papiro (do século II adC) que parece mostrar o seu nome, e describe o edificio dun templo na zona de El-Fayum.
- Unha inscrición, co nome Neferkasokar na pirámide inacabada de Zawyet el-Aryan.
- Un selo cilíndrico co nome do monarca, que podería non ser contemporáneo.