Premio de Relatos Mulleres Progresistas
Colaboradores dos proxectos da Wikimedia
Article ImagesO Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo, subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, con Lucía Molares, Iolanda Veloso e María Xesús Lago como concelleiras[1] O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi convocado por vez primeira vez no ano 2006, vindo substituír o Premio Novela de Mulleres Progresistas, co obxectivo de animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres.[2]
O certame, aberto a todas as mulleres de calquera nacionalidade ou cultura, abarcaba tres premios: 1º Premio de 500 Euros, figura e diploma; 2º Premio de 250 Euros e diploma; 3º Premio: 150 Euros e diploma. Os relatos, de tema libre debían ser orixinais e inéditas, escritas en galego normativo, cunha extensión mínima de 15 páxina e máxima de 30.[3][4]
A partir do 2012 mudou no Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas.
Estes son os premios outorgadoas de 2007 a 2011:[1]
- 1º Premio, Mans coma nubes, de Rosa María Llorente Suárez.
- 2º Premio, O soño do peneque, de Pilar Ortega Pereiro
- 1º Premio, Miserere, de Fátima Peón Torres
- 2º Premio, Surrealidades, de Clara do Roxo
- 3º Premio, Pel de pataca, de Mar Guerra Cid
Finalistas:
- Renovación, de Josefa de la Esperanza Mandado Estévez
- Farakha, de María Cristina Pavón Mauriz
- 1º Premio, Terapia mnémica, de María Cristina Pavón Mauriz
- 2º Premio, O último abril, de María Xosé Castelao Lestón
- 3º Premio, Tesalónica, de Teresa Barberena Fernández
Mención especial:
- Coherencia, de María Cristina Pavón Mauriz
- 1º Premio, Bonecas, de Beatriz Lorenzo López
- 2º Premio, Ruído branco, de María Cristina Pavón Mauriz
- 3º Premio, O Carteiro, de María Xosé Castelao Lestón
Mención especial:
- Miseria, de Soledad Agra Tunas
- ↑ 1,0 1,1 Agra Tuñas, Soledad (2011). Obras breves de imaxinación: obras gañadoras do Premio de Relatos "Mulleres Progresistas" 2007-2011 (en Galician). A Coruña: Baía. ISBN 9788499950129. OCLC 796311403.
- ↑ "Obras breves de imaxinación |Baía Edicións | LG3 | O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-05-20.
- ↑ "Convocado o IV premio de relatos Mulleres Progresistas | ::Axenda cultural AELG::". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2019-05-20.
- ↑ "IV premio de relatos Mulleres Progresistas . certames.culturagalega.org - O portal da cultura galega". culturagalega.gal. Consultado o 2021-05-09.
- AA.VV (2011). Obras breves de imaxinación: obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011. A Coruña: Baía edicións. ISBN 978-84-9995-012-9