parroquia civil do concello da Pontenova
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rececende.
San Xoán de Rececende é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 208 habitantes (96 homes e 112 mulleres).
Rececende | |
---|---|
Fósil de briozoo do ordovícico superior atopado en Rececende. | |
Concello | A Pontenova[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°20′45″N 7°14′07″O / 43.3459, -7.2354 |
Poboación | 171 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo Rececende procede do antropónimo de orixe xermánica Recesindus, a partir da forma en xenitivo.[2]
Coa reforma parroquial da diocese de Mondoñedo de 1895 constituíuse a nova parroquia de Santo Estevo de Rececende, segregándose de Rececende.[3]
Nesta parroquia están catalogados catro xacementos de fósiles correspondentes ao período Ordovícico[4].
Lugares da parroquia da Rececende no concello da Pontenova (Lugo) | |
---|---|
Cabana | Currás | Rececende | As Roxas | O Vilar das Pedras |
Parroquias da Pontenova
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Marqués Valea, Xulia (2021). Toponimia da Pontenova. A Coruña: Real Academia Galega. p. 76-78. ISBN 978-84-17807-10-8.
- ↑ "Rececende, Santo Estevo". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2020.
- ↑ Ministerio de Industria, ed. (1978). Mapa geológico de España (Escala 1:50.000) (PDF). 2ª (en castelán). Mondoñedo (1ª ed.). Madrid. p. 5. DL M-6.449/1978. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de agosto de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2014.