Verín Club de Fútbol
Colaboradores dos proxectos da Wikimedia
Article Images(Redirección desde «Verín CF»)
O Verín Club de Fútbol é o equipo de fútbol de referencia da vila ourensá de Verín. Fundado en 1971, na actualidade compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia, e ten uns 300 socios. Con camisola vermella e pantalón azul coma equipación, o Verín CF disputa os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, con capacidade para uns 2000 espectadores.
Verín | |||
---|---|---|---|
Nome | Verín Club de Fútbol | ||
Fundación | 1971 | ||
Estadio | José Arjiz, Verín, Galicia | ||
Capacidade | 2.000 | ||
Presidente | José Manuel Zubiela Calderón | ||
Adestrador | Diamantino Braz | ||
Liga | 1ª Autonómica – Grupo 4 | ||
2016–17 | 20º (Preferente – Grupo Sur) | ||
Patrocinador | Denominación de Orixe Monterrei | ||
Na rede | |||
http://www.verincf.es/ | |||
| |||
No escudo do Verín CF ocupa un lugar predominante a imaxe do castelo de Monterrei, por riba dunha banda azul, que representa o Támega, río que baña a vila de Verín. No interior da banda azul, un balón de fútbol. No ano 2012 o escudo cambiou a un deseño máis moderno e colorido.
O Verín CF viste camisola vermella, pantalón azul e medias vermellas. O segunda equipamento consta de camisola azul, pantalón branco e medias azuis.
O Verín CF xoga os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, inaugurado en 1971, con capacidade para 2000 espectadores. O estadio, situado na estrada de Laza, está ao pé do castelo de Monterrei.
Antes da guerra civil española existiu na vila o Racing Club Verín, e despois da contenda bélica Juan Reigada fundou un novo club, o CD Verín, que xogaba no antigo campo do Toral. De alí trasladouse a actividade futbolística ás instalacións da Granxa.
En 1971 botou a andar o actual Verín CF, que a partir de 1976 pasou a ter como campo de xogo o José Arjiz. Nese mesmo ano, 1976, o Verín CF proclamouse 'campión galego de afeccionados tras superar na final o CCDR Perlío, de Fene, logrando o pase ao Campionato de España, onde caeu eliminado (perdendo por 0-1 na casa e por 5-0 fóra), ante o C.D. Ensidesa de Avilés na primeira rolda. En 1981 ascende por primeira vez á terceira división, categoría en que sumou dez campañas. Tras unha involución a principios dos 90 que mergullou o equipo na segunda rexional, entre 1997 e 2007 o Verín CF desfrutou dos seus mellores anos. Na 2003/04 quedou no 4º lugar da terceira división e conseguiu meterse na fase de ascenso á Segunda División B, sendo eliminado na primeira rolda.
Nos anos seguintes o Verín CF cabalgou entre Terceira e Preferente Autonómica, ata consumar o descenso á categoría provincial en xuño de 2013.
Temporadas disputadas nas distintas categorías
- Terceira División 10.
- División Preferente Autonómica: 16.
- División Primera Autonómica: 17.
Tempada | Categoría | Posto | Outras competicións |
---|---|---|---|
1971-72 | Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense | 4º | |
1972-73 | Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense | 1º | 2ª eliminatoria da promoción de ascenso a serie A Rexional |
1973-74 | Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense | 2º | |
1974-75 | Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense | 1º | 1ª eliminatoria na fase de ascenso á Serie A Rexional |
1975-76 | Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense | 3º | Campión galego de afeccionados 1ª rolda do Campionato de España de Afeccionados |
1976-77 | Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense | 2º | Semifinais do Campionato Galego de Afecionados |
1977-78 | Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense | ? | Semifinais do Campionato Galego de Afeccionados |
1978-79 | Primeira Autonómica | 3º | |
1979-80 | Primeira Autonómica | 6º (ascenso por remodelación de divisións superiores) | |
1980-81 | Preferente Autonómica Sur | 3º (ascenso por remodelación de divisións superiores) | |
1981-82 | Terceira División | 20º | |
1982/83 | Preferente Autonómica Sur | 3º | |
1983/84 | Preferente Autonómica Sur | 3º | |
1984/85 | Preferente Autonómica Sur | 9º | |
1985/86 | Preferente Autonómica Sur | 5º | |
1986/87 | Preferente Autonómica Sur | 13º | |
1987/88 | Preferente Autonómica Sur | 12º | |
1988/89 | Preferente Autonómica Sur | 17º | |
1989/90 | Preferente Autonómica Sur | 22º | |
1990/91 | Primeira Autonómica | 13º | |
1991/92 | Primeira Autonómica | 20º | |
1992/93 | Segunda Autonómica | 1º | |
1993/94 | Primeira Autonómica | 6º | |
1994/95 | Primeira Autonómica | 3º | |
1995/96 | Primeira Autonómica | 5º | |
1996/97 | Primeira Autonómica | 5º | |
1997/98 | Primeira Autonómica | 2º | |
1998/99 | Preferente Autonómica Sur | 10º | |
1999-2000 |
2º (ascenso ó quedar praza libre) |
||
2000/01 | Terceira División | 9º | |
2001/02 | Terceira División | 8º | |
2002/03 | Terceira División | 10º | |
2003/04 | Terceira División | 4º. 1ª rolda da Fase de Ascenso a 2ª división B | |
2004/05 | Terceira División | 20º | |
2005/06 | Preferente Autonómica Sur | 11º | Finalista da Copa Deputación |
2006/07 | Preferente Autonómica Sur | 2º (ascenso ó quedar praza libre) | Campión da Copa Deputación. |
2007/08 | Terceira División | 12º | |
2008/09 | Terceira División | 14º | |
2009/10 | Terceira División | 19º | |
2010/11 | Preferente Autonómica Sur | 4º (play-off de ascenso) | Campión da Copa Deputación |
2011/12 | Preferente Autonómica Sur | 12º | |
2012/13 | Preferente Autonómica Sur | 18º | Semifinais Copa Deputación |
2013/14 | Primeira Autonómica | 2º | Finalista Copa Deputación |
2014/15 | Preferente Autonómica Sur | 2º | |
2015/16 | Terceira División | 20º | |
2016/17 | Preferente Galicia Sur | ||
2017/18 | |||
2018/19 | |||
2019/20 | |||
2020/21 | |||
2021/22 |
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Dasairas, X. (1990). 70 anos de fútbol en Verín. Autoedición.
Ligazóns externas
- Web oficial.
- Páxina de Facebook.