Vicente Barrio
Colaboradores dos proxectos da Wikimedia
Article Imagesfontaneiro e sindicalista español
Vicente Barrio Minguito, nado en Quemada (provincia de Burgos) o 27 de outubro de 1863[1] e finado en Madrid o 10 de xullo de 1926, foi un sindicalista e fontaneiro español, secretario xeral da Unión Xeral de Traballadores.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1863 Quemada, España |
Morte | 10 de xullo de 1926 (62 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio Civil de Madrid |
Concelleiro de Madrid | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Foi o sucesor de Antonio García Quejido na Secretaría Xeral da Unión Xeral de Traballadores e permaneceu no cargo entre 1903 e 1918.[1] Foi o primeiro presidente da Unión Ferroviaria, fundada en 1909.[2][3] En 1909 foi elixido concelleiro do Concello de Madrid,[4] cesando en 1913.[1]
Barrio mostrouse reluctante á colaboración cos anarquistas en 1916,[5] aínda que ao cabo foi un dos uxetistas asinantes, xunto a Besteiro e Largo Caballero, do pacto de Zaragoza de xullo de 1916 coa CNT, representada por Salvador Seguí e Ángel Pestaña, que posibilitou a folga de decembro.[6][7] No relativo a devandito proceso, foi situado como «moderado».[8][9]
Finou en Madrid o 10 de xullo de 1926.
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Barrio Minguito, Vicente". Diccionario Biográfico del Socialismo Español. Fundación Pablo Iglesias.
- ↑ Plaza Plaza 2006, p. 31.
- ↑ Palomares Ibáñez 1992, p. 448.
- ↑ Tiana Ferrer 1992, p. 112.
- ↑ Meaker 1974, pp. 39-42.
- ↑ Meaker 1974, p. 41.
- ↑ Forcadell Álvarez 2008, p. 76.
- ↑ Heywood 1990, p. 41.
- ↑ Romero Salvadó 1999, p. 36.
- Forcadell Álvarez, Carlos (2008). "El primer sindicalismo de masa en España: la movilización social y política en 1916-1920". En M. Dolores de la Calle Velasco; Manuel Redero San Román. Movimientos sociales en la España del siglo XX (en castelán). Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 65–80. ISBN 978-84-7800-314-3.
- Heywood, Paul (1990). Marxism and the Failure of Organised Socialism in Spain, 1879-1936 (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 0-521-37492-8.
- Meaker, Gerald H. (1974). The Revolutionary Left in Spain, 1914-1923 (en inglés). Stanford University Press. ISBN 0-8047-0845-2.
- Palomares Ibáñez, Jesús María (1992). "El asociacionismo minero en el primer tercio del siglo XX. El sindicalismo minero de Barruelo (1900-1936)" (PDF). Publicaciones de la Institución Tello Téllez de Meneses (63): 435–494. ISSN 0210-7317.
- Plaza Plaza, Antonio. "Los orígenes del sindicalismo ferroviario en España" (PDF). IV Congreso Historia Ferroviaria : Málaga, septiembre-2006, 2006 (Junta de Andalucía, Consejería de Obras Públicas y Transportes).
- Romero Salvadó, Francisco J. (1999). Spain 1914-1918: Between War and Revolution (en inglés). Routledge. ISBN 0-415-21293-6.
- Tiana Ferrer, Alejandro (1992). Maestros, misioneros y militantes: la educación de la clase obrera madrileña, 1898-1917. Madrid: Centro de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia. ISBN 84-369-2197-6.