Wikipedia:Políticas e normas - Wikipedia, a enciclopedia libre


Article Images
Isto é unha política oficial da Galipedia.Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia.
Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir.
Atallo:
WP:P
Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Para ler unha pequena introdución ao máis básico das políticas da Wikipedia véxase Axuda:Introdución ás políticas.

Ao longo do tempo, a comunidade da Wikipedia desenvolveu unha serie de políticas e normas que describen o mellor xeito de actuar, ter claros os principios, resolver os conflitos e moitos outros aspectos para conseguir o noso obxectivo de crear unha enciclopedia libre e veraz.

Con base na experiencia propia e na doutros proxectos da Fundación Wikimedia, os usuarios da Galipedia foron adoptando por consenso e/ou votación algunhas destas políticas. Aquí ofrécese unha boa lista delas, algunhas delas aprobadas (marcadas con "") e outras que aínda están camiño de recibir o prace da comunidade coa redacción actual.

A Wikipedia está operada pola organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia que se reserva certos dereitos legais (véxase aquí para unha lista das súas políticas). Porén, a Wikipedia é un proxecto autónomo dirixido pola súa comunidade. As políticas e convencións reflexan o consenso da comunidade, recollendo en Wikipedia:Cinco piares os principios máis importantes.

Todas as políticas oficiais da Wikipedia deben basear os seus principios en cinco piares   fundamentais que definen o carácter da enciclopedia. En resumo:

Os artigos da Wikipedia deben procurar mostrar un punto de vista neutral que represente equilibradamente as visións existentes sobre un tema. En relación con esta idea desenvolvéronse este conxunto de normas:

A convivencia na Wikipedia baséase no respecto e na colaboración. Por iso ten que ter presente as normas de conduta   e as cousas que non se deben facer  . En concreto, desenvolvéronse normas específicas nestes aspectos:

Aprobadas
Propostas