Xove


Colaboradores dos proxectos da Wikimedia

Article Images

concello da comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xove.

Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2020 tiña 3.277 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xovego ou xovense.[1]

Modelo:Xeografía políticaXove

Imaxe


Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°41′09″N 7°30′32″O / 43.68583, -7.50889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalXove Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.330 (2023) Editar o valor en Wikidata (37,37 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie89,1 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataDemetrio Salgueiro Rapa Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Xove Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27870 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27025 Editar o valor en Wikidata

Páxina webxove.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: ConcelloDeXove Editar o valor en Wikidata

Limita cos concellos de Cervo e Viveiro. As súas costas están bañados polo mar Cantábrico. Ten unha superficie de 89,12 km².[2]

O cumio máis alto é o Pao da Vella (705 m). Outro pico importante é o monte Medela (346 m).

Padrón municipal 2020 3.277 habitantes[2]
Menores de 15 anos 336 (10,25 %)
Entre 16 e 64 anos 2.007 (61,25 %)
Maiores de 65 anos 934 (28,50 %)

Evolución da poboación de Xove   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.816 3.711 4.062 3.607 3.603 3.518 3.496 3.512 3.497 3.456 3.424 3.376 3.342 3.314 3.273 3.277
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Fonte: IGE[3] e INE[4].

Na zona hai numerosos enterramentos megalíticos.

O topónimo podería preoceder do latín Villa Iovii, Vila de Xúpiter, quizais referido a un templo ou altar construído trala romanización.

Durante o antigo réxime estas terras pertenceron ás xurisdicións de Portocelo, Galdo e Viveiro, dependentes da provincia de Mondoñedo. Coa nova división territorial a comezos do século XIX converteuse no concello de Portocelo, integrado na provincia de Lugo. En 1940 adoptou a denominación actual e a capitalidade pasou a Xove.

En 1973 o estado español proxectou a construción da central nuclear de Regodola, que sería explotada por Fenosa, Electra do Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico. Tras fortes protestas veciñais, a súa construción adiouse, e quedou paralizada coa moratoria nuclear de 1985.

En Xove tributa a factoría de Alcoa-S.Cibrao, a maior fábrica de Alúmina/Aluminio, por estaren localizadas neste concello as súas oficinas.

  • San Bartolo na capital, Xove, na segunda metade do mes de agosto.
  • Muíño de Penacurva.

  • Vista parcial de Alcoa-S.Cibrao, parte no concello de Xove

  • Placa altimétrica na casa do concello.

  • Vista da casa do concello coa casa da cultura á esquerda e o pavillón polideportivo á dereita.

  • Vista de Xove.

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xove vexa: Lugares de Xove.

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Xove

Lago (Santa Eulalia) | O Monte (Santo Isidoro) | Morás (San Clemente) | Portocelo (San Tirso) | A Rigueira (San Miguel) | Sumoas (Santo Estevo) | Xove (San Bartolo) | Xuances (San Pedro)

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 62. ISBN 978-84-8158-706-7.
  2. 2,0 2,1 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2021. Consultado o 2021-05-30.
  3. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2021. Consultado o 2021-05-30.
  4. "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-30.