Zhu Yizun
Colaboradores dos proxectos da Wikimedia
Article ImagesZhu Yizun (chinés tradicional: 朱彝尊; chinés simplificado: 朱彝尊; pinyin: Zhū Yízūn; Wade-Giles: Chu1 I2-tsun1), nome de cortesía Xichang 錫鬯, nado en Zhejiang no 1629 e finado no 1709, foi un escritor e poeta chinés da dinastía Qing.[1][2][3] Durante os seus primeiros anos, foi recoñecido polo seu talento e axudado por Gong Dingzi. Zhu fundou a escola Zhexi da poesía ci 詞.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro do 1629 Zhejiang |
Morte | 14 de novembro do 1709 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Chinesa |
Grupo étnico | Han |
Relixión | Confucianismo |
Actividade | |
Ocupación | Poeta |
Movemento | Q10385122 |
Lingua | Chinés clásico e Old Mandarin (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Pai | Q11094696 |
Zhu Yizun naceu en Zhejiang o 7 de outubro do 1629.[1][3] Na súa mocidade, loitou contra as tropas manchús que acabarían por fundar a dinastía Qing.[3] Posteriormente, aprobou os exames imperiais e obtivo un posto de editor na Academia Hanlin.[3] No 1692, decidiu retirarse e regresar á súa cidade natal, onde se dedicou á poesía e ao estudo.[3] Faleceu o 14 de novembro do 1709.[1][3]
Zhu Yizun estivo influenciado polos poetas da dinastía Song, coma Jiang Kui e Zhang Yan. Entre as súas obras, sobrevive a escolma Jingzhiju qinqu 静志居琴趣, na que se describe o seu amor ilícito pola súa media irmá, Shouchang. Trátase dun libro destacado no desenvolvemento do estilo yan 豔 da poesía ci.
Escribiu 80 dos volumes da colección Pu shuting ji 曝书亭集 ("Escolma do Pavillón dos Libros Expostos"), entre outras. A súa compilación Ci zong 詞綜 ("Síntese do ci") foi moi importante no estudo dos ci.[3]
Participou na edición do Mingshi 明史 ("Historia dos Ming"), a historia dinástica oficial dos Ming.[3] Tamén contribuíu ao comentario dos clásicos chineses co seu longo Jinyi kao 經義考.[3] Así mesmo, escribiu o Kongmen dizi kao 孔門弟子考 ("Estudo sobre os discípulos da escola de Confucio"), no que ofrece datos biográficos e información de interese filosófica.[3]
Relación con Wang Shizhen
O seu traballo estivo vinculado ao de Wang Shizhen (1634-1711), co que foi comparado con frecuencia.[3] Ambos eran coñecidos coma nan Zhu bei Wang 南朱北王 ("Zhu do sur e Wang do norte"), en referencia ás súas respectivas rexións de orixe.[3]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Zhu Yizun - Confucianism, Poetry, Essays - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-01-22. Consultado o 2024-02-16.
- ↑ Zhang, Hongsheng (2002). "Gong Dingzi and the Courtesan Gu Mei: Their Romance and the Revival of the Song Lyric in the Ming-Qing Transition". McGill University (en inglés). Consultado o 16-02-2024.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 Theobald, Ulrich. "Zhu Yizun 朱彝尊 (www.chinaknowledge.de)". www.chinaknowledge.de (en inglés). Consultado o 2024-02-16.
- Zhu Yizun (La literatura china traducida en España)